Comeza setembro. Tempo para planificar cousas, voltar ó ximnasio... e falando de deportes, imos coñecer tenis de mesa con Samuel Pereiro. Sabedes que é un dos deportes que a nivel mundial ten mais federados? Case 40 millóns!!!
E comeza a conta atrás para o Revoltallo!!! Hoxe no estudio a Fanfarria Taquikardia.
Tamén como cada luns, A chamada da cousa con Germán Son con respostas de nenos a exames. Moita orixinalidade!!!