Comprar ou non comprar o Pergamiño Vindel? Esa é a cuestión... E esa foi a pregunta que vos lanzamos hoxe como tema do día no noso programa.
O presidente do cemitero de Valladares falounos da xestión do mesmo e do novo espazo inaugurado hai uns días.
Tamén tivemos con nos no estudo a Raquel, ao fronte da vogalía de igualdade do CVCV, para falar da folga do 8 de marzo e outros asuntos relacionados co xénero e o feminismo.
Por último, con Inma López falamos dun proxecto interesantísimo como é o dicionario enciclopédico de termos escénicos, que se pode consultar na web do Consello de Cultura Galega.