ESPERTA VALLADARES

Esperta Valladares- Martes 06/11/2018


Listen Later

Trastadas, falcatruadas... seguro que fixéstedes algunha de rapaces. Ou se xa tendes unha idade, sodes sufridores destas travesuras. Enchemos o Esperta de pillerías infantís e adolescentes.
Achegámonos ata o Cuvi para coñecer o programa cultural deste outono aberto á cidadanía: concertos, cine e mais teatro. Falamos con Natalia, vicerrectora de extensión universitaria.
Novembro é o mes da ciencia e no Cuvi, e na Facultade de Telecomunicacións hai xornada de portas abertas este venres para coñecer a actividade de Atlanttic a través de obradoiros de impresoras 3D, nanosatélites...
"Caderno de campo das illas Cíes" do biólogo e artista José Arcas é unha guía para fixarnos na fauna que percorre os roteiros das Cíes. Inclúe un código QR para ambientalo cos sons da illa.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

ESPERTA VALLADARESBy Radio Valladares