Sabes o que firmas cando descargas unha APP e daslle a aceptar términos de uso e condiciones? Non te preocupes... Case todos o facemos, aínda que no fondo saibamos que non deberíamos ser tan indulxentes cos nosos datos dixitais.
Hoxe falamos coa escritora María Xosé Queizán sobre feminismo e sobre o seu libro Rosalía de Castro e o poder sexual.
Tamén compartimos un anaco con Manuel Martínez, director da Orquesta Clásica de Vigo e o seu ciclo: En femenino, polo que buscan dar visibilidade a compositoras esquecidas e ocultas.
Alex Piñeiro Volveu coa súa sección de saúde Farmaconsellos. Hoxe, tocou a alerxia.