Liorta ou pelexa. Algunha vez te viches envolto nunha? Conseguiches evitar a confrontación? Para que discutir se podes pelexar? (Que diría Loquillo). Diso foi o tema do día. Paz, por favor!
Hoxe falamos con Antonio, do Boxeo Rebouras Team para anunciar a velada que terá Valladares este venres 18 no antigo baile vello.
Tamén conversamos con Esther, para ver como se desenvolverá o Mercado de Arte do Calvario, que cambia o peixe pola artesanía.
Por último, tivemos ao outro lado do teléfono a Emperatriz, presidenta da Asociación de Venezolanos Unidos de Vigo. Unha aposta firme pola integración.