ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES - Martes 16/01/2018


Listen Later

Pasou a Blue Monday e seguimos en pé. Nunca un invento anglosaxón poderá connosco. Hoxe un programa con nada menos que catro entrevistas, de todo tipo; e cun tema a debate moi interesante: "¿Pasamos demasiado tempo conectados? ¿Cantas horas pasas co móvil na man?"
Falamos con David Conde, emprendedor onde os haxa que creou unha ampiación para aforrar a medida que gastamos. ¿Soa raro? Pero así é Coinscrap.
Tamén contestou ao teléfono Vincent Alberola, director da orquesta sinfónica 430 de Vigo. Esta fin de semana darán o primeiro concerto do ano e promete ser inesquecíbel. ¿Como é iso de pasar do clarinete a dirección?
Tivemos a sorte de poder falar con Roman Demyan, de orixe ruso, que loita por visibilizar a situación de guerra no seu país veciño Ucrania, e levar axuda humanitaria ata as zonas máis afectadas. Un retrato directo do horror que alí acontece e para o que xa enviaron 6 toneladas de equipo humanitario, e pronto unha ambulancia mercada aquí en Galicia.
Para finalizar, Sabela dos Lákazans falounos do seu último traballo e dos novos derroteiros que nel mostran. Blues, soul, country, rockabilly... Para todo hai cabida.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

ESPERTA VALLADARESBy Radio Valladares