Revisas o coche antes de enfrontarte á ITV ou vas alí a ver que pasa? Ese é o noso tema do día, e ademáis resolvemos todas as dúbidas sobre as modificacións que entran en vigor con Enrique Fontán, presidente de ATRA (Asociación de talleres de reparación).
Álex voltou ao estudo cos seus farmaconsellos, desta volta fálanos sobre a hipertensión.
E por último, falamos con Manuel Chorén, presidente de Radio Taxi sobre a II Andaina contra o cancro infantil de Vigo, que terá lugar este domingo dende o Concello ata Castrelos.