ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES - Martes 23/01/2018


Listen Later

Hoxe o tema do día deu para moito: nomes raros e formacións con apelidos un tanto inapropiados.
Achegouse Gregorio, presidente da Comunidade de Montes de Valladares, a explicarnos en que consistirá a homenaxe do próximo sábado en lembranza aos voluntarios que participaron na extinción dos incendios que asolaron a parroquia de Valladares meses atrás.
Tamén falamos con Gabriela Mar, ilustradora e debuxante, que actualmente expón na GaleríaJazz de Vigo. Talento puro. Podedes ver as súas obras en www.gabrielamar.es
Suso Asorey, secretario da asociación de apicultores de Galicia, explicou como deben as organizacións, a veciñanza e a administración prepararse para a primaveira para poder loitar contra a plaga de velutina. Non se trata de convivir con ela, se non de combatela.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

ESPERTA VALLADARESBy Radio Valladares