Hoxe falamos do proxecto #composicion365 , unha fazaña obra do gaitero e compositor Isidro Vidal, que está a compoñer unha peza de gaita ao día durante un ano (e xa vai pola metade).
Tamén falamos un anaco con Hugo Cestero, adestrador dos xuvenís de fútbol do CF Valladares que ascenderon tamén a liga nacional. Parabéns!
E preguntamos aos ouvintes sobre a polémica da sanción a Evaristo Páramos, cantante de gatillazo, por ter insultado á policía nun concerto en Jerez de la Frontera a pasada fin de semana.