María Callas resucita nun holograma e da un concerto en París. Se o voso grupo favorito xa non vive, pagaríades por ir mirar un concerto dun holograma ou preferides as bandas tributo??
Imos falar cunha banda tributo galega. RIFF RAFF, uns gamberros do Ferrol que clavan a AC/DC. Toñito, o cantante prefire ás bandas tributo ó holograma.
Sabíades que só un 8% das pelis que se producen no noso país están dirixidas por mulleres? CIMA - Asociación de Mujeres Cineastas y de Medios Audiovisuales, representada en Galicia pola productora Chelo Loureiro tentan visibilizar esta e outras moitas situacións desiguais.
Ademáis, imos de ruta... a patear cos Tarabelos polos arredores de Vigo.