ESPERTA VALLADARES

Esperta Valladares- Mércores 08/08/2018


Listen Later

Hoxe é o concerto de Juanes en Castrelos e o alcalde propón un "Vigo para los vigueses", polo menos para acceder ós concertos no foso. Acabaremos cunha Vigopass para camiñar polas beirarrúas de Vigo? Iso é do que falamos no tema do día de hoxe.
Moitos dos nosos veciños que viven fora, aproveitan o verán para voltar a casa de vacacións. Invitamos ó estudio a Xoana Barros, unha veciña de Beade que traballa como nefróloga nun hospital de Girona. Imos coñecer como funcionan os nosos riñóns.
Tamén falamos do Festival Músicas no Clausto, que está tendo lugar esta semana en Tui. O marabilloso claustro gótico acolle unha manchea de concertos ó atardecer: blues, jazz, música barroca...
E como está ahí a volta a Festa do Socio, imos mirar que barquiños van estar flotando no lago do Monte dos pozos da man da Asociación de Modelistas Navais de Galicia.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

ESPERTA VALLADARESBy Radio Valladares