ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES - Mércores 10/01/2018


Listen Later

Hoxe tivemos un programa moi sabroso. Falamos de furanchos, de Estrellas Michelín, de pratos grandes para comidas pequenas, de churrasco, de parrillas... E todo sin que se nos notara (case nada) a fame.
Tivemos ao outro lado da liña a Juan, do Furancho da Balsa que este fin de semana abre a tempada. Volven o cocido e as gaitas. Lembrounos como unha festa converteuse en voda, e como tres días pasaron demasiado rápido.
Falamos co novo local vigués Dalalata. Alicia, unha das súas responsables, mostrounos a importancia da economía sustentábel, e o produto galego pechado nas conservas.
Tamén achegouse ao estudio o segundo Juan do programa, do Sanatorio do Alba. Por fin soupemos porque se chama así, e como lles vai neste comezo do ano entre carne e pescado á brasa.
Raquel Neira, de Nutribiótica, tamén colleu o teléfono para explicarnos que son os probióticos, ondde se atopan e como poden facernos ter unha vida mellor. Iso sí, sempre axudados por un profesional.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

ESPERTA VALLADARESBy Radio Valladares