Hoxe falamos de peluquerías e de canas. Tinte ou non?
E tamén é o Día Mundial do Ovo. Déronnos un truquiño para que non salten ó fritilos... botarlle unha pizca de fariña na sartén. Funcionará?!?!?
Os mércores en Vigo soan a jam session. Hai moitas. Fomos ata o Sinatra para falar con Arturo Álvarez e a súa banda, a Monk Blues Band.
Tamén nos achegamos ata o porto de Vigo para felicitar a Henry Robusto polo seu corto "Puntada Invisible", sobre as mulleres redeiras. É o primeiro corto español que gaña o Certame Internacional da Asociación Internacional de las Mujeres en el Sector de la Pesca.