Ai... o día dos namorades. Diso falamos hoxe. Do amor, das parellas, das súas cousas. Como viven os nosos ouvintes este día? Iso queriamos saber e iso preguntamos.
Hoxe entrevistamos a Vitusa, secretaria da asociación de amas de casa Agarimo, que recibirán o premio de vigueses distinguidos da man do alcalde nas vindeiras semanas. Totalmente merecido polo seu labor ao longo de máis de vinte anos.
Tamén falamos con José Manuel García, coordinador do VindeTapas, que nos contou as claves deste concurso gastronómico e cultural.