O programa vai de música:
A de Nirvana con School - Tributo a Nirvana, uns rapaces de Pontareas que non paran de dar concertos... en Galicia e mais en Portugal.
O cuarto son está de centenario. Germán Son ven facer un repasiño polos mellores.
E, como imos sortear o vinilo de Basanta, preguntámonos se a xente inda escoita a música en tocadiscos ou xa vai toda no móbil. Son os vinilos máxicos? de coleccionistas?