ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES - Mércores 24/01/2018


Listen Later

Hoxe pasamos medo, ¿ou non? Depende. A verdade é que somos xente razoable e sempre tratamos de ver as cousas dunha maneira lóxica e razoable pero claro... As veces pasan "stranger things", cousiñas raras. Contamos algunhas que nos pasaron e comentamos as que a xente nos vai deixando vía Whatsapp e Facebook.
Por outra banda, falamos con Raúl, socio de Refix, unha bebida isotónica galega que asegura poder acabar coa resaca. ¡Santo remedio!
Tamén contactamos con Cibrán Isasi, director de cine de Labregos do Mar, cinta que se proxectará este venres na sede das Illas Atlánticas.
E como o entroido está moi pero que moi preto, chamamos a Roberto de Don Disfraz para coñecer as últimas tendencias niso de converterse en héroe ou monstro. Por certo, non o deixedes para o último día o de comprar disfraz que están voando.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

ESPERTA VALLADARESBy Radio Valladares