San Campio rematou... e a volta de tanta festa, quixemos enchelo de anécdotas: o concerto do Grupo América, os paseos en trineo de plástico polo torreiro enlamado a última hora...
Tamén falamos de café co mellor barista de España, o vigués Marcos González. Paseamos cos II Roteiros Literarios pola provincia de Pontevedra. E falamos de teatro infantil coa actriz e mestra de teatro Eva Vila.