Puntualidade!!! Canto se considera que hai que esperar para dicir que chegas tarde? Imos ver que isto ten moito de cultural... o "ahorita vengo" dos latinos pode querer dicir "vou chegando en 1 ou 2 horas"... desesperación máxima nun xaponés.
A Orquestra Vigo 430 está de aniversario. 10 anos xa! Están preparando concerto para celebralo. Cóntanolo Andrea González, a nova directora.
Un rapaz do IES Valadares foi premiado por un relato sobre o machismo. Ímolo escoitar na voz do seu autor, Francisco Miranda.
E para rematar, falamos de soberanía alimentaria, do uso da auga e das diarreas en moitos países de África Subsahariana.