No Esperta de hoxe falamos sobre as novas inventivas para facer ximnasia: jumping muiñeira, spinning... e das excusas para non ir ó ximnasio.
Tamén nos acompaña no estudio Leni, a profesora das Cantareiras do Alba, que nos ven contar como van ser as clases este ano e mais tamén fai un percorrido polos grupos nos que ela toca (Pandereteiras Tanxedoras, Pelica de Cans, Os cuncheiros e Escarabellos). E como non, da súa faceta como presentadora no programa da TVG Larpeiros.