Moito se fala de Fariña estes días, dese libro de Nacho Carretero transformado en serie e que o mércores lanzou o seu primeiro capítulo. Falamos de esa estrea e das opinións da xente, e preguntamos aos nosos ouvintes: ides seguila ou ides abandoala?
O domingo comezará o memorial Moxenas, que alcanza a súa sexta edición. Virán por música nesta primeira xornada Os Escaravellos. Era de lei darlles un toque e falar da súa traxectoria, breve pero intensa.
Tamén puidemos conversar con Miguel de Tanxarina Títeres, lexendaria agrupación teatral galega que veñen de recibir o premio Fetén en Asturias na súa modalidade pola Galiza Azul. O domingo, teñen actuación no Auditorio Municipal de Vigo.