Hoxe veñen os Reis! E non podiamos evitar e falar e preguntar que cousas traerán esta noite.
Así, tivemos a sorte de falar co Rei Mago Baltasar, que sempre amable respondeu as nosas cuestións e desvelounos algún segrediño.
Tamén entrevistamos a concelleira de Cultura de Ponteareas, Hortensia, que nos explicou o percorrido que farán os reises polo seu Concello, ao que chegará a Rondalla de Valladares a por música e ambiente.
Juan, productor de Rock en Familia, falounos do concerto, ou mais ben, do cheo ata arriba, que viviu onte o Mar de Vigo; e como nenos e pais pasárono en grande nunha noite de rock.
Tamén, ao fin, podemos dicir que haberá concurso de Rondallas no Ifevi, así nolo confirmaron vía telefónica neste programa.
¿Que libros foron os máis vendidos este Nadal? ¿Cales se esgotaron? ¿Hai algunha saga xuvenil que o esté petando? De todo isto conversamos con Xurxo, dono da librería Librouro.
E por último, pero non menos importante... Falamos coa panadería Estrella de Valladares, O Forno, que están xa sacando os roscós de Reis para que a xente poda desfrutalos como manda a tradición.