Comeza o entroido!!!! Que mais dicir? Collede o disfraz e saide a rúa porque hai que divertirse nunha das mellores festas do ano.
Hoxe falamos con Viry, que levará á comparsa de Valladares polo mundo adiante, así que moita sorte a todos os seus compoñentes e ánimo para aguantar co corpo.
Tamén tivemos a ese trío de DJs que amenizarán o sabado a festa no Baile Vello: Kani, Isaac Martínez e América.
Se o que queredes e música en directo tendes en Goián o festival Taiña, que cumpre quince anos, con Liviao de Marrao, Elephants Yard e Tati's Joplin.