Hoxe o tema do día foron as festas de inverno, esas romerías que quentan alma e corpo cando o frío e a choiva queren facernos tremer. ¡Nada diso! A bailar, comer e pasalo ben igual que no verán.
Tivemos no estudio a Pepe, da comisión de festas de San Amaro que nesta fin de semana promete ser un planazo para desfrutar con amigos e familia. Moita música e moita tradición.
Como non, tamén se acercou Plácido, da Rondalla de Valladares, a comentarnos as últimas novedades sobre o acontecido nas últimas semanas coa polémica do Ifevi, e ademáis, a lembrarnos que no pavillón das Travesas, este domingo, necesitarán todo o apoio posible para medirse coas rondallas de Freixo, de Beade e de Zamáns.
David colleunos o teléfono para preguntarlle por ese novo clube de lectura que ten en marcha, e que promete ser un lugar de encontro fermoso á hora de profundizar na literatura cotenmporánea galega, sen olvidar os clásicos.
Asemade, Laura, da protectora de animais do Morrazo; desgranounos os últimos e novos puntos da lei que modifica o que podemos e non podemos facer cos cans e gatos sen dono; e contounos as experiencias vividas neste comezo de ano e durante todo o 2017.