Entre as romerías e as verbenas, entre a noite e o día. Que lle gusta máis aos nosos ouvintes? Saír de marcha co sol ou coa lúa? Avisamos de empate técnico!
Hoxe achegouse ao estudio Lucía do Festival Ecosons. Música con árbores e que divulga o coidado da nosa terra.
Tamén falamos con Elisabeth, da Fundación Sales, responsable do Xardín Botánico de Vigo que xusto hoxe ofrece ao público a posibilidade de ver ao loto en flor.