¿Que fas cando te cruzas con alguén e non queres saudalo? Esa incómoda situación que derivou en variadas e ancestrais tácticas para evitala. Disco falamos no tema do día do venres.
E coa fin de semana á volta da esquina, falamos con Viry sobre as últimas datas da compara (hoxe pasearán por Valladares se o tempo o permite) e tamén con Katerina Linke sobre como coñeceu á poesía de Rosalía de Castro, e derivou tal encontro no proxecto Son Trío.
Tamén tivemos a Aldara Álvarez, máis coñecida coma Anémona de Río, a rapaza responsable de ter publicado o primeiro manga galego da historia: TAM.