De exposicións a furanchos. Hoxe tocamos todos os temas posibles. O tema do día era saber cal fora a vosa última visit a unha mostra de arte, e que vos pareceu.
Como non se arte vive o home, tamén viñeron ata o estudo Miguel e Viri, que nos adiantaron algunhas cousiñas sobre a comparsa de entroido. ¿De que irán? ¿Xa está lista a carroza?
Falamos coa presidenta do CVCV, Ana, sobre a xuntanza celebrada o mércores para falar do PXOM.
Tamén colleron o teléfono Alex e Camilo, dos furanchos O buraquiño e Endulza tu vida, que xa comezaron a recibir visitas e este fin de semana promente cheos polo San Blas.
Por último, cantamos esa Axenda Cultural tan habitual dos venres, e tamén conversamos con Quique sobre o skatefinger. ¿E iso que é? Pois unha actividade para mostrar a habilidade que un ten cos dedos para facer piruetas cun mini-monopatín.