¿Cantades? ¿Na ducha? ¿No coche? ¿Pola rúa? Diso disertamos hoxe no tema do dia e a verdade e que botamos unhas risas... sobre todo cando nos mandades audios cantando vós.
Para empezar o día falamos con Javier Pitillas, da asociación Discamino. Policía local de Vigo que no seu tempo libre logra axudar a cumprir soños, coma é facer o Camiño de Santiago a persoas que non poden facelo sosas debido a algunha discapacidade. Este verán acompañará a Iván Bragado dende Roma ao Obradoiro en bicicleta.
Tamén falamos con Santi Almuíña sobre a cita co baile que ten Valladares este sábado; e con Enrique Lorenzo, presidente da Acopovi, asociación que aglutina as corais polifónicas de Vigo. O domingo vivirán un día grande no Auditorio Mar de Vigo.