ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES - Venres 26/01/2018


Listen Later

¿Durmes moito? ¿Soñas? Diso falamos hoxe no programa e ata descubrimos cousas que non sabiamos. Non te acostarás sen saber algo novo, como non.
Falamos con Iago de Folk de Coiro sobre a historia e funcionamiento do seu grupo, que tocará na homenaxe do sábado aos voluntarios dos incendios da nosa parroquia.
Tamén chamamos a Modesto, presidente da asociación cultural de Zamáns, para ver como se vai desenrolar ese concurso de Rondallas do domingo. ¿Díxonos o seu repertorio? Intentámolo.
De contos vai a cousa, e así puidemos coñecer a bonita historia de María José Martínez, e a súa relación coa literatura oral e a transmisión da cultura aos máis peques.
Por último escoitamos o novo disco de El Grito Chino, e falamos con Iñaki sobre a súa grabación, os directos que están por vir, e as ganas que lles teñen.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

ESPERTA VALLADARESBy Radio Valladares