Sobrevivirías a un apocalipse zombie? Como? Diso falamos hoxe no programa e diso comentastes nas nosas redes. Ata chamamos a Marcos Alonso, actor en "Como Sobrevivir a unha Apocalipse Zombi". Unha masterclass teatreira que terá lugar os tres primeiros venres de febreiro en Vigo, na sala Ártika.
Tamén falamos con Borja, presidente da Asociacion Freak, que hoxe organiza a Harry Potter Book Night no centro comercial Praza Elíptica. Avada Kedavra!
O rap en galego está pasando por un momento fantástico. Boa conta delo dan SonDaRúa, que acaban de sacar un novo tema a están a piques de lanzar o seu EP. Dende Ponteareas para o mundo!