ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES - Xoves 01/03/2018


Listen Later

Chegou marzo pero parece haber cousas que nunca cambian como o conflicto coa illa de Toralla. Hoxe analizamos a súa historia, os seus puntos máis relevantes e tentamos arroxar algo de luz sobre as posibles solucións propostas ao longo dos anos.
Tamén falamos con Roxo da Cantina Candela sobre os Bazares nos bares. Unha proposta activa e diurna, na que as artesanías, os obradoiros e decenas de propostas máis toman os bares de Churruca.
Ao outro lado do teléfono tamén conversamos con Anaír Rodríguez, editora en Xerais, e agora tamén escritora, trala publicación dun fermoso libro ilustrado chamado Pioneiras, onde recolle a todas esas mulleres galegas que foron as primeiras en dar un paso adiante nalgunha disciplina.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

ESPERTA VALLADARESBy Radio Valladares