Sacar o carnet á primeira ou... ás que sexan! Cando o fixeches ti? Esa foi a cuestión que plantexamos e para a que contamos con José, de Autoescuelas Pazó, para ver se hoxe seriamos capaces de voltar a aprobar os nosos respectivos permisos de conducir.
Conversamos con Asier Muñoz, enfermeiro, para que nos conte como debemos comportarnos cando vexamos vir unha ambulancia polo retrovisor.
Tamén falamos coa concelleira de Baiona, Beatriz González, sobre o apetitoso Bai de Tapas que comezou hoxe na vila.