¡Grima! Todos temos alguna cousa que nola produce, e por iso dedicamos hoxe uns minutos a falar dela e das sensacións que nos produce. E por suposto tamén as que nos ides comentando en directo.
Hoxe tivemos a sorte de falar con Leticia Santos, alcaldesa de Moaña e máis xoven rexedora de Galicia. Falamos do feminismo e da política, da normalización de ver a unha muller ao fronte dunha institución e as barreiras que pouco a pouco vanse rompendo. Aínda queda camiño, só 10 de cada 100 alcaldías en Galicia recaen nunha muller.
Dende A Coruña chamamos a Verónica, que quere facer do tecer unha actividade ben visibilizada e con grandes beneficios para a mente e a socialización da xente. A ver se en Vigo alguén se anima a montar un grupo de tecer como ela xa o fixo.
¿Era Colón galego? Falamos con Pedro Martín sobre elo, que representa ao seu amigo Roberto Taboada, a mente pensante trala exposición que se atopa nestes días no Palacete das Mendoza de Pontevedra, sobre a figura do descubridor.