Hoxe é un progama moi daquí!
Imos ata Beade e rescatamos da memoria a Tenda de Fontán coas vivencias infantís de Beatriz Fontán. Aproveitamos para charlar con ela sobre o mundo da comunicación e a cultura... e do seu proxecto "SERÁ POR NOMBRES".
A Banda de Valladares estrea curso e este luns ten unha audición infantil moi moi divertida guiada por Fermín de Odaiko.
Tertulia con xente nova de Valladares sobre os novos modos de viaxar e vivir no estranxeiro antes dos 30.
E avanzamos algo sobre a reunión deste domingo no Centro Cultural sobre Benteler e as incomodidades que xera nos veciños da Sobreira e da Costa.