Imos ata Siberia para atravesar o lago Baikal, xeado nestes momentos, coas deportistas Chus Lago, Rocío García e Verónica Romero. Esta expedición forma parte do seu proxecto persoal "Compromiso con la Tierra" para concienciarnos do desxeo e dos cambios no clima.
Apuntaríadesvos a esta aventura? Sodes uns Indiana Jones da vida ou as expedicións, mellor miralas na tele? Pois repasamos uns documentais sobre desafíos coa natureza que se poden ver en Netflix.
Ademáis, expos. A de Castelao "A derradeira lección do mestre", sobre a educación en Galicia antes da Guerra Civil, e a de "Curtidas" na Escola de Artes e Oficios de Vigo, sobre o traballo das mulleres no coiro aló polos anos 40.