Día grande da Romería do Alba. Durante as dúas horas de programa iremos falando cos romeiros que van subindo o santo ó Alba, cos veciños de Freixo que tamén van en procesión e contan de chegar para as poxas, coa comisión de festas que xa está na casa das novenas preparando os callos.
E tamén contactaremos co grupo de baile galego Traspés que van amenizar a sesión vermú do domingo en San Campio e coa Charanga Vaite Xa! que visitará as persoas mais vellas da parroquia no primeiro día das festas.