Hoxe tivemos o pracer de falar con Adán da mezcalería de Bouzas Pinche Pancho. Un achegamento aos licores mexicanos da man dun emigrante que chegou a Galicia por amor. Probadeo!
Voltou Alex Piñeiro cos seus Farmaconsellos para facernos a vida un pouco máix saudable. Esta vez tocou falar dunha doenza que máis de 7,5 millóns de persoas padecen en España: o estrinximento.
Tamén viñeron Marinita e Marecha para animar á xente a que acuda ao Día Internacional da Danza que se celebrará polas diferentes prazas de Vigo ao igual que falaron dos seus propios grupos de baile e cante, Amieiras e Delicias.