Ceas de nadal á vista!!! Pasádelo xenial ou tentades evitala? Damos algúns truquiños tanto se queredes ser as estrelas da festa como se preferides pasar desapercibidos.
Xa que andamos de cuchipandas, Javier Olleros, o cociñeiro do restaurante Culler de Pau, contanos do proxecto Despesques onde anda metido con outros cociñeiros de prestixio.
O grupo de rock NAO, está de despedida. Con Jasper falamos do seu derradeiro disco: "Ata que o lume se apague".
E de moda e ilustración a viguesa Marta Riera sabe moito. Ela é a directora de arte da marca Galifornia. Inaugura estes días unha exposición coas súas ilustracións en Silvia&Guy Studio.