Tranvía ou metro? Imos testear propostas para mellorar esta cidade fermosa na que vivimos. A maioría de nós prefire para Vigo rescatar o tranvía, non sabemos se por practicidade ou por romanticismo.
A fin do verán é o momento para iniciar novos proxectos... coma o de aprender algo. Que tal guitarra co bouzoukista de Ardentía e da Orquesta folk da ETRAD Vigo? As mañás dos sábados poden ser para dar uns acordes guitarreros.
E de música tamén falamos con Galician Bizarre. Grupos emerxentes da escena underground galega sacan III vinilo. Podemos apoialos na campaña de crowfounding en verkami.