Entre o público asistente ao noso programa en directo desde a Alameda da Lama estaba a bisavoa dunha nena do colexio, Esther Carreiro Diz, quen lembrou os tempos da fame e o diferente que era para os cativos do seu tempo acceder á educación. Dona Esther recomendoulle aos rapaces que estudiaran e felicitou aos mestres por esta iniciativa que “nos meus tempos non se facía nin nada parecido”.