Falar Sen Saber

Falar Sen Saber

By falarsensaberLeisure
Download on the App Store

Falar Sen Saber episodes

  • Gimbros e homoerótica.

    Falamos da homoerótica no ximnasio e dos xemidos explicitamente sexuais dos homes hetero nun espazo publico.

    Tamén analizamos prácticas homoeróticas de pavos hetero, masturbación grupal, follarse a un pavo e así. E como iso non repercute na concepción que teñen da súa propia sexualidade.

    24 min
  • Reddit e o submundo do bizarro

    REDDIT, un lugar onde che aconsellan que te divorcies e deixes ao teu marido tóxico que te engaña con túa irmán, ou que che quita da dúbida de se es unha persoa horrible por levar un vestido branco a unha voda cando a noiva é cega.

    O que si asegura son unhas risas, unha reflexión sobre a vida da peña e sair de aí sentíndote algo mellor persoa.

    36 min
  • MEMEEEEES 2.0

    Hoxe temos un programa moi chachi pq invitamos ao noso amiwi do concello de Dena. Volvemos falar de memes pq tema fav de Marcos.

    Falamos de internet e dos memes como democratización da cultura e a importancia do contexto compartido para o humor. Tratamos o movemento dos concellos  e aparición dos memes en galego. Ah, pero tamén a masculinación das paxinas de memes e a aparición dos memes e chicas aka sailormoon feminista.

    BOIRO.

    Vese que a gravación é vella pq falamos do combate de boxeo entre Mr Jagger e Bustamante dende o pasado. Ademais fixemolo o mesmo día ca o da Bulimia e sae Antía de espontánea facer o seu apunte curioso.

    Mención especial ao concello de oleiros e ies neira vilas.

    Por certo sabiades que Reagan fixo unha campaña para evitar a desaparición dos cóndores? Buscade Reagan Operación Cóndor.

    38 min
  • It's reality time

    Vimos falar de baleirar o coco. De que despois de currar oito horas non me apetece pensar na guerra, na morte ou da situación sociopolítica consecuencia do imperante capitalismo.

    Apetéceme ver xente cuxo máximo problema é que non lle fixeron ben o degradado da barba e lle deixaron as cellas demasiado finas.

    E se se pegan e follan entre eles mellor. Así que vos veño contar cales me gustan, en cales hai golpes, en cales fluídos e informarvos de que agora veñen cargaditos a partir de setembro-outubro.

    30 min
  • BIBLIA REVIEW

    Ola, vimos evanxelizar a poboación. Marcos está escoitando a Biblia e resulta que ten historias.

    O Bro está escoitando a Biblia en spotify e cóntanos historias curiosas, masacres, violancións e incesto nas sagradas escrituras e outras movies.

    No minuto 15 escoitase eco e ponme nerviosa, pero podedes saltar coma ata o 18. Eu recomendo escoitalo porque Marcos conta a historia cúspide de Lot sendo violado polas súas fillas.

    Despois xa empezo a falar eu da miña Biblia que son obvio os realities latinos. FINAL FANTASY.

    25 min
  • Bulimia e comentarios de merda sobre os nosos corpos que ninguén pediu

    Falamos da bulimia, a corporalidade e o bullying. A influenza da familia e do entorno na aparición dos TCA.

    Queixamosnos dos comentarios de merda. Dos parabéns cando adelgazas e da cariña de pena cando engordas.

    Laretamos sobre vómitos, atracóns, restriccións de alimentos, drogas e a importancia de crear espazos seguros.

    Tamén rimos, que conste.

    43 min
  • Os GAM e colectivizar os coidados

    As siglas GAM fan referencia a Grupo de Axuda Mutua. Son un grupo de persoas que comparten unha problemática común e se xuntan para falar sobre iso, compartir, vivencias, ferramentas e experiencias.

    Os GAM de saúde mental cambian a dinámica de paciente-profesional e apartarse do tratamento como algo puramente individual, colectivizando os coidados.
    Esta semana entrevistamos ás mulleres do GAM @oito_marias 💜

    25 min
  • TEA e xénero

    Falamos de TEA con Carla, cóntanos a diferenza entre diagnosticar un home ou a unha muller, porque SORPRESA, non se lles ocurriu que as mulleres poidesemos ter TEA. 

    Deixamosvos o enlace do programa na descripción. Bicos, beijos e apertas camaradas.

    32 min
  • O TOC e outras voces

    Hoxe falamos de TOC e ansiedade, dos rituais e costumes que poden aliviala. De como afecta o TOC nas relacións interpersoais, das voces que temos na cabeza e da culpabilidade dentro da enfermidade mental.

    Está interesante, checkeade.

    31 min
  • Bipolaridade nivel usuario

    Falamos con Ainhoa sobre como se vive con trastorno bipolar. Aprendemos que é a manía ou a eutimia e que hai varios tipos de bipolaridade. Pero sobre todo aprendemos a escoitar e a acompañar. Porque ao final, cando estamos perdidas, ao mellor non precisamos que nos entendan, pero si que nos abracen. 


    40 min

About Falar Sen Saber

From the publisher's feed

Falamos de movidas pero en galego