Os faros, sempre espectaculares. A forza da natureza e a fraxilidade do ser humano. Germán Son retratou os 37 faros galegos da costa atlántica, dende a fronteira con Portugal ata o linde con Asturias. Ó seu estilo, nunha libretiña con boli e rotulador... e algún elemento discordante que os traia á realidade do s. XXI.
E outro faro. Sae "Nós Diario" en papel. Novas sobre Galicia, as que non saen na axenda doutros medios, e en galego. Conversamos con María Obelleiros, directora da edición dixital.