Ángel Rodríguez Lale entrevistou no programa REBOADA DE SONS a Felipe Rea Otero, membro do grupo Celtas de Taboadelo, unha das agrupación que forman parte do Plan Cultural do Concello de Ponte Caldelas. Felipe Rea é un coñecido e premiado gaiteiro con quen Ángel Rodríguez Lale repasou a recente historia músico-folclórica da parroquia de Taboadelo (Ponte Caldelas) lembrando vellos grupos e tamén falando do carácter innovador que aplica el á gaita facendo actuacións acompañado dun piano.