Imos dar unha voltiña e conversar coa directora Chelo Loureiro, que vai estar no espacio "A que andas?" conversando con outros directores sobre os bocetos dunha película antes da rodaxe. Ela anda detrás da historia de "Valentina", unha nena con síndrome de Down.
Cans non é so cine, tamén é música. Escoitamos ós grupos de mulleres que van actuar nestes 4 días.
E mais espacios. Lendocine, un tempiño para repasar a producción literaria entorno ó cine. Clara Roxo ven de publicar "Actrices secundarias".
E mais, este festival non se fai sen as veciñas e os viciños... pilar básico. A eles réndeselle unha homenaxe tamén.