Todos os podcast | Galicia en goles

Galicia en goles domingo 02-11-2025


Listen Later

O Galicia en Goles deste domingo desfrutou dunha dobre vitoria galega no fútbol profesional. O Celta encadeou o segundo triunfo da temporada, de maneira consecutiva, derrotando ao Levante no Ciutat por un a dous. De novo un gol no desconto do equipo olívico permitiulle levar os tres puntos e dar un chimpo na clasificación. Pola súa banda o Deportivo rachou unha xeira de cinco partidos sen gañar, derrotando ao Zaragoza a domicilio por cero goles a dous. Esta vitoria coloca aos coruñeses de novo en postos de playoff. No resto do fútbol, o Arenteiro caeu en Avilés, o Ourense CF sumou a primeira vitoria da temporada ante o Arenas e na 2ª RFEF a nota máis destacada foi a vitoria da Sarriana ante o Ávila.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Todos os podcast | Galicia en golesBy AGalegaAudio