A tarde non comezou ben para os equipos galegos da 1ª RFEF coa derrota do Fortuna na casa ante o Guadalajara. O Ourense CF empatou en Tajonar e a mellor nova chegou no Carballiño coa primeira vitoria do Arenteiro esta temporada. No Galicia en Goles tamén contaron a xornada inaugural da 2ª e 3ª RFEF antes de centrarse na goleada de España ante Turquía por cero a seis. No polideportivo, ademáis de falar con padexeiras galegas campioas do mundo, contaron a Supercopa e Copa Galicia de balonmán dende Fontecarmoa.