A pesar da derrota os coruñeses seguen en postos de ascenso directo, segundos empatados a puntos co Rácing de Santander, o seu vindeiro rival. No derbi galego da 2ª RFEF o Bergantiños asaltou ao Coruxo no Vao e na Liga ACB o Breogán sufriu a segunda derrota da temporada logo de perder no Pazo por 90 a 113 ante Valencia.