Todos os podcast | Galicia en goles

Galicia en goles domingo 14-09-2025


Listen Later

O Galicia en Goles deste domingo foi unha maratón que ocupou case doce horas de programación. Nelas contouse o empate a un do Celta ante o Xirona en Balaídos, o cuarto consecutivo do conxunto dirixido por Claudio Giráldez, que non sabe aínda o que é gañar esta temporada. No fútbol da federación as boas novas chegaron da man do Rácing de Ferrol, que derrotou á Ponferradina, e do Arenteiro, que gañou a domicilio ante o Cacereño. Pola contra o Pontevedra perdeu en Pasarón ante o Tenerife, o Ourense CF tamén caeu coma local ante o Talavera e o Lugo en Zamora. No polideportivo destaca a última etapa da Volta a Galicia de ciclismo e a derrota do Cangas no Gatañal ante o Ademar León.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Todos os podcast | Galicia en golesBy AGalegaAudio