Todos os podcast | Galicia en goles

Galicia en goles domingo 21-04-2024


Listen Later

O domingo futbolístico galego arrincou da mellor maneira posible en Riazor, onde o Deportivo feminino conseguía regresar tres anos despois á maxima categoría. Tras derrotar por 3 a 1 ao Cacereño a festa invadiu o céspede a sala de prensa e os aledaños de Riazor. En canto á 1ª RFEF o Fortuna caeu pola mínima en Tarragona e ve como se lle escapa a opción de ascenso directo. Outra derrota, a do Lugo ante o Barcelona Athletic, achega ao abismo aos da Muralla, que tan só teñen 3 puntos de marxe sobre o descenso. O Arenteiro empatou sen goles no Espiñedo ante a Ponferradina. No choque estelar da 2ª RFEF o Ourense CF asaltou Pasarón e venceu 0 a 2 ao Pontevedra e está a un triunfo do ascenso, con dúas xornadas por desputar.
Outra das grandes novas do domingo estivo no baloncesto, coa vitoria a domicilio do Obradoiro en Bilbao que lle permite aos santiagueses saír dos postos de descenso, en detrimento do Breogán.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Todos os podcast | Galicia en golesBy AGalegaAudio