Todos os podcast | Galicia en goles

Galicia en goles domingo 31-03-2024


Listen Later

Xornada deportiva maratoniana.
Pola mañá o Ensino levou o derbi galego ante Uni Ferrol e o Fabril caeu en Abegondo ante o Langreo.
Sen pausa e no horario do xantar, o partido da xornada desputouse en Balaídos. Claudio Giráldez debutou como técnico local no feudo celeste cun empate a cero ante o Raio Vallecano, nun partido marcado polas polémicas decisións arbitrais.
A continuación, na Malata, o Rácing de Ferrol alcanzou a meta esixida a comezo de temporada: sumou un trunfo ante o Elx pola mínima e alcanzou 51 puntos, co que asegura a súa presenza na 2ª división un ano máis.
Na 1ª RFEF o Lugo caeu en León e o Arenteiro empatou na casa ante a Real Sociedad B.
Pola súa banda na Liga ACB o Obradoiro sobrepuxose a un mal comezo de encontro fronte ao Barcelona e chegou con opcións ata o final, pero rematou caendo por 84 a 89 e segue, xunto ao Breogán, metido na lea por evitar o descenso.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Todos os podcast | Galicia en golesBy AGalegaAudio