Balaídos e a Malata desfrutaron do último partido de Celta e Rácing de Ferrol coma locais nesta temporada. O conxunto celeste, que remataba a Liga empatando a dous co Valencia, celebrou a permanencia cos seus afeccionados antes, durante e depois do partido no feudo vigués. Pola súa banda o Rácing de Ferrol apuraba as últimas opcións de entrar nos playoff de ascenso enfrontándose na penúltima xornada de liga en Segunda División ao Leganés. Os ferroláns empataban finalmente a dous cun tanto no desconto de Manu Justo dende o punto de penalti. Este punto non lles permitía seguir tendo opcións de rematar entre os seis primeiros pero si que impedía o ascenso directo do conxunto madrileño.
Nunha das últimas citas do Galicia en Goles deste domingo o Pontevedra caía por un gol a cero no Benito Villamarín ante o filial do Betis, no encontro de ida da final polo ascenso a 1ª RFEF.